Actualice o seu navegador

Actualice o seu navegador

Está usando unha versión antiga do seu navegador. Recomendámoslle que o actualice ou cambie de navegador para mellorar a súa experiencia na web.

Outras webs do grupo Oficinas
Lupa Axuda urxenteAxuda

Cargando...

Política de seguridade

Banco Sabadell incorporou a tecnoloxía de seguridade máis avanzada ata o momento, así como unha serie de medidas complementarias para asegurar a confidencialidade nas transaccións. Para estes efectos, o usuario deberá cumprir as condicións seguintes:

  • En xeral: O usuario deberá dispor dos dispositivos e dos elementos que en cada momento se determine que constitúen «requirimentos do sistema» nas páxinas do portal e, por razóns de seguridade, haberá de contar coas versións máis modernas de navegación. Advírtese expresamente o usuario que non deberá abandonar o computador cando estea a operar a través do portal.
     
  • O Banco de Sabadell, S. A. resérvase o dereito de adoptar todas as normas e medidas de seguridade que, cando proceda, considere oportunas a fin de garantir o bo uso e a confidencialidade do servizo. O usuario autoriza o Banco de Sabadell, S. A. a non executar as solicitudes ou ordes recibidas cando a identificación non sexa correcta ou o banco teña dúbidas razoables sobre a identidade da persoa que as emite.
     
  • O usuario autoriza irrevogablemente o Banco de Sabadell, S. A. a proceder ao rexistro e arquivo das comunicacións e transaccións que se produzan desde o portal.
     
  • É ben coñecida a posibilidade de o seu computador quedar infectado por un virus informático a través de disquetes ou simplemente da navegación por Internet. O usuario deberá incorporar ao seu computador un detector de virus que se execute cada vez que arrinque o sistema, o cal haberá de se manter actualizado permanentemente, e alén disto o usuario deberá efectuar con frecuencia copias de seguridade (backups) dos arquivos contidos no seu computador.
     
  • O Banco de Sabadell, S. A. non garante nin controla a ausencia de virus nin doutros elementos nos servizos prestados por terceiros a través do portal (ficheiros, correos, documentos electrónicos, etc.), nin tampouco pode garantir que non se vaian producir alteracións ou defectos no sistema informático do usuario por causa dalgún virus informático ou elemento lesivo que lle afectase ou que se transmitise a través do portal procedente dun terceiro; neste caso, o banco non asumirá responsabilidade ningunha.
     
  • O usuario debe ser prudente ao visitar webs descoñecidos e, sobre todo, ter conta se o convidan a descargar da rede ficheiros e programas. Un virus non é máis que un programa dedicado a crear problemas na información almacenada ou mesmo no propio computador; por este motivo, o usuario procurará non gardar no computador programas cuxa orixe ignore.
     
  • BS Online: Os usuarios que sexan ademais clientes do servizo BS Online deberán adoptar as medidas precisas para custodiar debidamente os elementos de identificación persoal propios do servizo e recorrer de inmediato aos sistemas de suspensión ou bloqueo deste previstos para tal fin. Así mesmo, recoméndase non teclear nin empregar os devanditos elementos de identificación en computadores que se achen en lugares públicos ou en puntos que poidan facilitar a intervención das comunicacións ou a visualización das claves por terceiros.
     
  • Tampouco deberán anotarse o número secreto nin os códigos de acceso en ningún dos documentos ou obxectos que o usuario garde ou leve consigo, ou a carón de tarxetas de identificación dixital, e advírtese de xeito expreso que, no caso de elección ou modificación voluntarias das claves, non resulta conveniente escoller un número de clave relacionado cos datos persoais, ao seren deducidos ou previstos doadamente (data de nacemento, teléfono ou semellantes).