Actualice o seu navegador

Actualice o seu navegador

Está usando unha versión antiga do seu navegador. Recomendámoslle que o actualice ou cambie de navegador para mellorar a súa experiencia na web.

Outras webs do grupo Oficinas
Axuda

¿Le ayudamos?
  • Estamos a su disposición.
    Todos los días las 24h.


  • 902 323 000
  • Atención Online - Chat
  • @BancoSabadell


Desea que le llamemos
Envíenos sus datos y le llamamos

Que facemos pola súa seguridade?

Medidas de seguridade do Banco Sabadell

No Banco Sabadell tomamos unha serie de medidas de alta seguridade para protexer as súas contas.

Como tratamos os seus datos de forma segura

  • Desde o Banco Sabadell nunca lle pediremos datos confidenciais, como contrasinais ou números secretos, nin por correo electrónico nin por formularios.
     
  • No caso de que o Banco Sabadell detecte operacións potencialmente fraudulentas, a entidade porase en contacto con vostede para determinar a lexitimidade da operación e establecer próximos pasos que seguir, sempre co obxectivo de lle axudar e de o/a protexer ante actividades ilícitas.
     
  • Con esta finalidade, actualizamos periodicamente este apartado da web no que vostede se encontra para previlo/a de tentativas de fraude e de estafas.

Limitar o importe das operacións

Firmar digitalmente los correos electrónicos

Dispor dun certificado dixital

As medidas de seguridade no BS Online

A banca a distancia do Banco Sabadell conta con medidas de seguridade que debe coñecer para que operar a través do BS Online sexa para vostede o máis seguro posible.

  • Data e hora de captura da última conexión
No momento do seu acceso ao BS Online, sempre pode ver o día e a hora da súa anterior conexión para que verifique que realmente foi vostede quen accedeu ás súas contas e que ninguén máis coñece as súas claves.

  • Controlar os códigos de acceso
No Banco Sabadell controlamos os códigos de acceso ao BS Online para que poida operar a través da súa banca a distancia con toda seguridade. A súa clave de acceso ten un número máximo de equivocacións por día, ou acumulado de varios días. No caso de superar este límite, o contrasinal cancélase automaticamente e só se reactiva se o solicita por escrito ou se despraza á súa oficina do Banco Sabadell.

As operacións que precisan unha maior seguridade, como as transferencias ou ordes de bolsa, solicitan un segundo código que encontrará na súa tarxeta de claves ou que recibirá no seu teléfono móbil se xa ten activada a Sinatura Dixital. A tarxeta de claves é distinta e personalizada para cada cliente e cada operación bancaria require unha clave diferente de forma aleatoria. 
  • Pór en práctica o sistema de Sinatura Dixital
O Banco Sabadell está implantando a Sinatura Dixital, un novo sistema de control de acceso á súa banca a distancia que substituirá a actual tarxeta de coordenadas. Coa activación da Sinatura Dixital, recibirá as claves para finalizar a súa operativa en liña (transferencias, compras pola Internet, etc.) no seu móbil. Así, deixará de usar a tarxeta de claves e deberá destruíla.

Este sistema dá resposta aos requirimentos de seguridade indicados pola European Banking Authority (Autoridade Bancaria Europea), que enumeramos a continuación:

  • Non replicabilidade: co fin de evitar copias ou subtraccións, cada clave xerada pola Sinatura Dixital é única, aleatoria e ten unha duración determinada.
     
  • Non reusabilidade: a diferenza doutros medios físicos como pode ser a tarxeta de coordenadas, as claves xeradas coa Sinatura Dixital son aleatorias, polo que non se poden reutilizar para diferentes operativas e achegan, así, maior seguridade.
     
  • Factor adicional de autenticación para incrementar aínda máis a protección das súas transaccións. Recomendámoslle, así, que protexa o acceso ao seu móbil cun contrasinal.
Consulti aquí la política de seguridade