Actualice o seu navegador

Actualice o seu navegador

Está usando unha versión antiga do seu navegador. Recomendámoslle que o actualice ou cambie de navegador para mellorar a súa experiencia na web.

Outras webs do grupo Oficinas
Lupa Axuda urxenteAxuda

Cargando...


Reforma

Información do código LEI
Formulario de rexistro LEI

Información relevante do código LEI

Que é o código LEI?

O Identificador de Persoas Xurídicas, LEI, polas súas siglas en inglés, é un código alfanumérico de 20 caracteres (estándar ISO 17442) que identifica univocamente as entidades legais no ámbito mundial. O LEI é único, permanente, consistente e portable para cada entidade.

Para máis información, pódese acceder ás páxinas web da Global Legal Entity Identifier Fundation (GLEIF) https://www.gleif.org/ e do Legal Entity Identifier Regulatory Oversight Committee (LEIROC) http://www.leiroc.org/.


Quen debe ter un LEI?

Varias normas da Unión Europea esixen este código para identificar as persoas xurídicas que participan nos mercados financeiros mediante operacións de repos, derivados ou valores. As empresas de servizos de investimento e as entidades de crédito que executen transaccións sobre instrumentos financeiros admitidos a negociación nun mercado por conta de clientes que sexan persoas xurídicas deben obter de ditos clientes o LEI, que os identifique antes de executar as operacións (artigo 26 MIFIR).

Se o cliente non lle proporciona o seu LEI ao intermediario financeiro, este non poderá executar as operacións instruídas por aqueles clientes que sexan susceptibles de obteren un LEI e non llo facilitasen (artigo 13.2 do Regulamento Delegado da Comisión 590/2017).


Que pasa se non teño un LEI?

En caso de persoa xurídica, a partir do día 3 de xaneiro de 2018 non poderá operar nos mercados financeiros realizando operacións de repos, derivados ou valores.


Cando hai que obter o LEI?

As persoas xurídicas que dean ordes a intermediarios financeiros para realizaren transaccións sobre instrumentos admitidos a negociación terán que realizar todos os trámites necesarios para obteren un LEI antes do 3 de xaneiro de 2018, se desexan que ditos intermediarios sigan executando as operacións que lles instrúan.


Como se consegue o LEI?

A emisión e xestión do LEI en España confióuselles aos Rexistradores Mercantís1, e é o Colexio de Rexistradores de España a institución encargada de coordinar o funcionamento do sistema no noso país e de velar polo estrito cumprimento dos estándares técnicos e de calidade definidos polo Regulatory Oversight Committee (ROC) e pola Global Entity Identifier Foundation (GLEIF).

A obtención do LEI require que o solicitante encha unha solicitude e achegue uns datos básicos sobre a entidade, e que acredite se actúa en representación da súa entidade ou formula a solicitude en interese doutra en virtude de mandato expreso. A tramitación é rápida e sinxela, e na maioría dos casos non demora máis de 48 horas.

A emisión e renovación anual do código LEI está suxeita ao arancel fixado na Orde JUS/35/2014, do 20 de xaneiro de 20142.

Pódese obter máis información do LEI na páxina web do Colexio de Rexistradores de España: https://www.justicia.lei.registradores.org/pgSolicitudIdentificador.


Como podo incorporar o meu LEI en sistemas do BS?

Se solicita o seu LEI ao Rexistro Mercantil en España, en canto se dea de alta, quedará incorporado na base de datos do BS de forma automática. De solicitalo noutro rexistro oficial, solicite ao seu xestor habitual que incorpore o seu LEI en sistemas BS.

1 É posible solicitar o LEI noutras institucións estranxeiras acreditadas pola GLEIF.
2 Os prezos vixentes corresponden coa posta en marcha provisional do sistema en España e poderán ser obxecto de modificación unha vez concluído o proceso de Acreditación do Pre-LOU español.