Actualice o seu navegador

Actualice o seu navegador

Está usando unha versión antiga do seu navegador. Recomendámoslle que o actualice ou cambie de navegador para mellorar a súa experiencia na web.

Outras webs do grupo Oficinas
Axuda

¿Le ayudamos?
  • Estamos a su disposición.
    Todos los días las 24h.


  • 902 323 000
  • Atención Online - Chat
  • @Sabadell_Help


Desea que le llamemos
Envíenos sus datos y le llamamos

Que pode facer vostede?

Nós velamos pola seguridade das súas contas pero hai cousas que vostede tamén pode facer.

Como conectarse á súa banca a distancia de forma segura

Deseguido, dámoslle algúns consellos para que se conecte á súa banca a distancia de forma segura:
 
  • Comprobe que ao entrar no BS Online se indiquen correctamente o seu nome e apelidos e a última data e hora de conexión.
     
  • Se está dado de alta nalgún servizo agregador de contas doutra entidade ou utiliza algunha aplicación para xestionar as súas contas, a data e hora do último acceso quedará igualmente reflectida no BS Online. Se sospeita de que non coincide cun acceso efectuado por vostede ou polo servizo agregador doutra entidade na que estea dado de alta, notifíquello inmediatamente ao Banco Sabadell.
     
  • Cando acceda ao Banco Sabadell, fíxese se o está facendo a través dunha web segura con https: antes do URL, por exemplo, https://www.bancsabadell.com.
     
  • Se o seu navegador utiliza o sistema seguro de cifrado 128 bits, asegúrese de que ao acceder ao BS Online aparece a icona dun cadeado pechado e de que a barra superior aparece sombreada de cor verde. Se, polo contrario, a barra de enderezos aparece sombreada en cor vermella, a páxina podería ser fraudulenta. Con todo, se utiliza navegadores que non admitan ditas funcionalidades, a barra de enderezos non aparecerá sombreada.

Navegar con cifrado forte (128 bits)

Asegúrese de navegar en webs seguras aloxadas nun servidor con cifrado forte (cifrado de 128 bits). Para saber se un servidor permite dito cifrado, anunciarao nas súas páxinas, habitualmente nun apartado específico de seguridade. Se non é o caso, deberá dispor dun navegador con cifrado forte para pescudar o tipo de cifrado que utiliza un servidor determinado.


Como saber se estou utilizando comunicacións con cifrado forte?


Para saber se estamos intercambiando a información mediante cifrado forte, primeiro deberemos observar que o cadeado existente no extremo inferior dereito da xanela do noso navegador estea cerrado. Unha vez feito isto:
 

  • No Internet Explorer coloque, movendo o rato, o apuntador sobre dito cadeado e déixeo enriba uns intres ata que apareza a lonxitude da clave do cifrado, que deberá ser 128 bits.
     
  • Se usa Google Chrome, debe premer no cadeado
     

 

Se dispón dun navegador habilitado para o uso do cifrado forte, poderá igualmente comunicarse de forma segura con servidores que non dispoñan desta característica. Nese caso, de forma automática, utilizarase para a comunicación o tipo de cifrado máis alto que admita o servidor e como lonxitude de clave de cifrado aparecerá un valor inferior a 128 (normalmente 40 ou 56 bits).



Navegar en páxinas seguras

Para non pór en risco a seguridade do seu dispositivo, é importante que se asegure de navegar en páxinas que sexan seguras. Para iso: 
 

  • Comprobe que o URL das páxinas comeza con https:// e que o seu navegador mostra a icona cun cadeado pechado no lado inferior dereito da xanela.
     
  • Prema sobre o cadeado para ver o certificado dixital e comprobe a identidade da páxina que vai recoller a súa información.


Concretámoslle como facelo no Internet Explorer e noutros navegadores.


No primeiro caso, comprobe o enderezo (URL), o emisor do certificado e a validez deste. Para comprobar a identidade de quen presenta as páxinas web, prema enriba do cadeado e visualizará unha xanela na que se identificará o sitio. A continuación, acceda a «Ver certificados» e abrirase unha segunda xanela. Na lapela «Xeral» poderá verificar quen emite o certificado e para quen. No «Camiño de certificación» («Ruta de certificación», en castelán) verá se o certificado é válido. 
 
Noutros navegadores, a forma de mostrar o certificado é similar. Debe premer na icona do cadeado e abrirase unha xanela que mostra a identidade do emisor. Unha vez alí, acceda na ligazón de máis información para verificar a validez do certificado e do sitio web.

Como utilizar o seu computador de forma segura

  • Non almacene no seu computador programas dos que non coñeza a súa orixe 
     
  • Realice copias de seguridade e mantéñaas sempre actualizadas co obxectivo de poder recuperar a información dispoñible no computador con anterioridade á existencia dalgún problema. As copias deberán custodiarse nun lugar separado do equipo que contén os datos orixinais para que, no caso de incidente, non se perdan tamén ditas copias. Isto é especialmente importante no caso dun computador portátil.
     
  • Actualice o seu sistema operativo. Algúns sistemas operativos, como Windows coa súa funcionalidade Windows Update, teñen utilidades para verificar a existencia de actualizacións do sistema e inclúen actualizacións de seguridade. Utilice estas utilidades ou visite periodicamente as páxinas na Internet do fabricante do seu sistema operativo e actualíceo segundo as recomendacións de seguridade.  
     
  • Instale unha devasa ou Firewall no seu computador para bloquear o acceso non autorizado de terceiros desde a Internet ata o noso computador e tamén o acceso incontrolado (producido por algún novo virus, programa ou código maligno) desde o noso computador cara á Internet.
    Cando a devasa o avise do intento de inicio dunha conexión que non foi expresamente autorizada, debe indicarlle se se quere autorizar ou non; isto depende de se dita conexión está relacionada co uso que se estea realizando nese momento do computador ou se, polo contrario, a conexión procede dun axente externo (intento de acceso desde a Internet, virus ou similar). 
     
  • Actualice o seu navegador. O navegador, como principal ferramenta de acceso á Internet, debe manterse actualizado coas últimas recomendacións de seguridade. Visite periodicamente as páxinas na Internet do fabricante do seu sistema operativo e actualíceo segundo as recomendacións de seguridade.
     
  • Tome precaucións adicionais cando utilice computadores públicos ou compartidos. Utilíceos só para consultas que non teñan un carácter privado. Recorde que pode ser observado por terceiras persoas ou, mesmo, por medios electrónicos de vixilancia.

Utilice o seu correo electrónico de forma segura

Para usar a súa conta de correo electrónico de forma segura, recorde estes consellos.
  • Desconfíe daquelas mensaxes de correo electrónico que proveñan de sitios descoñecidos ou que conteñan información incoherente.
     
  • As mensaxes de correo electrónico que proveñen de enderezos descoñecidos teñen unha alta probabilidade de conter virus informáticos ou programas maliciosos, especialmente cando o asunto contén información incoherente (é dicir, está escrito nunha linguaxe non habitual ou non está relacionado cos temas tratados comunmente con quen o envía).
     
  • Teña en conta que, mesmo se o remitente da mensaxe é coñecido, cando o asunto non sexa coherente co remitente, un virus podería estar enviando a mensaxe, xa sexa desde o computador do propio remitente ou desde outro computador infectado coñecedor do seu enderezo de correo electrónico.

Protexa as súas claves de acceso

Recuerde que sus claves de acceso son suyas e intransferibles. Por lo tanto, debe tener en cuenta las Recorde que as súas claves de acceso son súas e intransferibles. Polo tanto, debe ter en conta as recomendacións seguintes para mantelas protexidas:

  • Nunca entregue o seu identificador e contrasinal (ou outros datos persoais) cando se lle requiran por mensaxe SMS, fax ou correo electrónico, xa sexa nunha mensaxe ou a través dunha ligazón que non apunte a un enderezo seguro (que non comece por https://).
     
  • Cambie periodicamente o PIN da súa tarxeta e o código de acceso á súa banca a distancia. 
     
  • Non anote os códigos nin as claves nun papel (ou calquera soporte físico). Se o fai, non os manteña xunto a elementos de identificación complementarios (como as tarxetas). 
     
  • Non escolla un número relacionado cos seus datos persoais, así coma calquera outra combinación que poida resultar facilmente predicible por terceiras persoas (data de nacemento, teléfono, series de números consecutivos, repeticións da mesma cifra, etc.). 
     
  • Se aínda non dispón de sinatura dixital e segue operando con tarxeta de claves, non permita o acceso á tarxeta nin faga ningunha copia. Estas tarxetas son a chave que permite a realización de operacións. 
     
  • Así mesmo, tome medidas de seguridade e prevención co dispositivo móbil no que teña activada a súa Sinatura Dixital. Protexa o acceso mediante contrasinal e gárdeo con cautela.
Consulti aquí la política de seguridade