Actualice o seu navegador

Actualice o seu navegador

Está usando unha versión antiga do seu navegador. Recomendámoslle que o actualice ou cambie de navegador para mellorar a súa experiencia na web.

Outras webs do grupo Oficinas
Axuda

Política de cookies

Que son as cookies?

As cookies son pequenos arquivos de datos que se reciben no terminal desde o sitio web visitado e que se usan para rexistrar determinadas interaccións da navegación nun sitio web almacenando datos que poderán ser actualizados e recuperados. Estes arquivos consérvanse no computador do usuario e conteñen información anónima que non é prexudicial para o seu equipo. Empréganse para lembrar as preferencias do usuario, como o idioma seleccionado, os datos de acceso ou a personalización da páxina.

As cookies tamén poden ser utilizadas para rexistrar información anónima acerca de como un visitante utiliza un sitio. Por exemplo, desde que páxina web accedeu, ou se usou un banner publicitario para chegar.

Por que o Grupo Banco Sabadell emprega cookies?

O grupo Banco Sabadell utiliza cookies estritamente necesarias e esenciais para que vostede utilice os nosos sitios web e lle permitan moverse libremente, utilizar áreas seguras, opcións personalizadas, etc. Ademais, o banco e o seu grupo de empresas empregan cookies que recollen datos relativos á análise de uso da web. Estas utilízanse para axudar a mellorar o servizo ao cliente, cuantificando o uso e o rendemento da páxina para optimizala e personalizala.Os nosos sitios tamén poden ter ligazóns a redes sociais (coma Facebook ou Twitter). O grupo Banco Sabadell non controla as cookies empregadas por estas webs externas. Para máis información sobre as cookies das redes sociais ou outras alleas, aconsellamos revisar as súas propias políticas de cookies.

Que uso lles damos aos diferentes tipos de cookies?


Cookies de sesión

As cookies de sesión son aquelas que duran o tempo en que o usuario está a navegar pola páxina web e se borran ao seu termo.

Cookies persistentes

Estas cookies fican almacenadas no terminal do usuario por un tempo máis longo, facilitando así o control das preferencias elixidas sen ter que repetir determinados parámetros cada vez que se visite o sitio web.

Cookies propias

Son cookies creadas por este sitio web e que só pode ler o propio sitio. Na web www.bancsabadell.com, instálanse cookies propias persistentes coas seguintes finalidades:

  • Técnicas: Estas cookies serven para controlar a carga das imaxes que aparecen na páxina inicial, en función dos parámetros que se programasen (tempo, n.º de veces visto, etc.). Serven ademais para permitir o acceso a determinadas partes da web e para situar o usuario.
  • Personalización: Estas cookies utilízanse para lembrar a configuración do tamaño seleccionado na visualización dos contidos web e poder mostralo nas próximas visitas do usuario.
  • Análise: Cookies que permiten seguir o tráfico entrante ao sitio web para realizar estatísticas de visitas.

Cookies de terceiros

Son cookies creadas por terceiros e que utilizamos para diferentes servizos (por ex., análise do sitio web ou publicidade)


A continuación detállanse tanto os terceiros que poden configurar e acceder a Cookies (non exentas de información e consentimento) do seu equipo como as finalidades coas que é utilizada a información que almacenan:


FINALIDADE

DESCRICIÓN

TERCEIROS

Cookies técnicas

Serven para controlar o tráfico e a comunicación de datos utilizando para iso elementos de seguridade durante a navegación. Tamén serven para a identificación e mantemento da sesión do usuario, para almacenar contidos na difusión de vídeos ou sons e para compartir contido con redes sociais (plug-in).

Cookies de personalización

Estas cookies permítenlle ao usuario especificar ou personalizar algunhas características das opcións xerais da páxina web. Por exemplo, definir o idioma, o volume seleccionado como preferido, a configuración rexional do servizo, o tipo de navegador ou o número de resultados mostrados por cada páxina.

Cookies analíticas

Ferramenta de analítica que axuda os sitios web a entenderen o modo en que os visitantes interactúan coa web. Pode utilizar un conxunto de cookies para recompilar información e informar das estatísticas de uso dos sitios web sen identificar persoalmente aos visitantes.

Cookies publicitarias

As cookies publicitarias permiten a xestión dos espazos publicitarios da web en función duns criterios concretos. Por exemplo, a frecuencia de acceso, o contido editado, etc.

Cookies flash

Tamén utilizamos cookies flash para almacenar as súas preferencias como o control do volume ou para mostrar contido baseándose no que consulta no noso sitio web para personalizar a visita. Terceiras empresas, coas que colaboramos para proporcionar determinadas características no noso sitio web, utilizan cookies flash para recompilar e almacenar datos de carácter non persoal.

As cookies flash son diferentes ás cookies de sesión ou persistentes en cuanto á cantidade, o tipo e o modo de almacenar os datos. As ferramentas de xestión das cookies fornecidas polo seu navegador non eliminarán as cookies flash.

 

Como podo cambiar a configuración das cookies?

Configuración de cookies de Internet Explorer
Configuración de cookies de Firefox
Configuración de cookies de Google Chrome
Configuración de cookies de Safari
Configuración de cookies Flash

Se desexa non permitir almacenar ningún tipo de dato de flash player, anule a selección das casas «Permitir que el contenido de Flash almacene información en el equipo» e «Almacenar los componentes comunes de Flash para reducir los tiempos de descarga». Se desexa limitar a cantidade de datos recollidos polas aplicacións flash deslice o indicador da barra do panel de configuración global de almacenamento na posición que desexe.

Estes navegadores están sometidos a actualizacións ou modificacións, polo que non podemos garantir que se axusten totalmente á versión do seu navegador. Tamén pode ser que empregue outro non considerado nestas ligazóns, como Konqueror, Arora, Flock, etc. Para evitar estes desaxustes, pode acceder directamente desde as opcións do seu navegador, xeralmente no menú de «Opcións» na sección «Privacidade». (Sírvase consultar a axuda do navegador para obter máis información.)

Revogación do consentimento

Tamén se pode posible limitar cómo as webs de terceiros instalan cookies no seu ordenador, para evitar a escolla de datos e o rexistro da súa actividade de navegación. Para limitar o uso de cookies de terceiros pode dirixirse á web de configuración ou OptOut:

Seleccione a opción «Eliminar todos los sitios» ou seleccione a web específica que desexe borrar e «Eliminar Sitio Web».

Teña en conta que, se rexeita ou borra as cookies de navegación polo web do banco, non poderemos manter as súas preferencias, algunhas características das páxinas non estarán operativas, non nos resultará posible ofrecerlle servizos personalizados e cada vez que vaia navegar polo noso web teremos que lle solicitar de novo autorización para o uso de cookies.

Se mesmo así decide modificar a súa configuración de acceso ao sitio web, ha de saber que é factible eliminar as cookies ou impedir que se rexistre esta información no seu equipo en calquera momento mediante a modificación dos parámetros de configuración do seu navegador.

Os datos recollidos nas cookies úsanse en webs distintas do grupo Banco Sabadell?

Algunhas das nosas cookies empréganse para xerar publicidade en redes de terceiros ou para realizar analíticas en que utilizamos ferramentas externas ao grupo Banco Sabadell. As cookies son para uso exclusivo do banco e do seu grupo de empresas, que en ningún caso comercializan con elas.

No grupo Banco Sabadell traballamos con provedores de confianza que nos axudan na xestión e a personalización das nosas páxinas web.

Daquela, que significa a información antes presentada?

Se acepta as nosas cookies, permítenos a mellora das webs do grupo Banco Sabadell para ofrecerlle un acceso óptimo e darlle un servizo máis eficaz e personalizado.

Alén disto, vostede pode configurar o seu navegador para establecer que só os sitios web de confianza ou as páxinas polas que está a navegar neste momento poidan xestionar cookies, o que lle permite seleccionar as súas preferencias.

Presentando esta política, o grupo Banco Sabadell demostra o compromiso adquirido con respecto á lexislación vixente sobre o uso de cookies e fornécelle información para que vostede poida comprender que tipo de cookies empregamos e por que o facemos. Con isto pretendemos transmitirlle transparencia no tocante aos datos tratados que se refiran á navegación que se faga desde o seu equipo no noso web.

Esta política revísase periodicamente para asegurar a súa vixencia, polo que pode ser modificada. Recomendámoslle que visite con regularidade a páxina, na cal lle daremos información verbo de calquera actualización ao respecto.

© Banco Sabadell